Siniestro Total

ST en TVG - Máxima Audiencia

Hoy en TVG a las 00:55 horas se emite la participación de Siniestro Total en el programa Máxima...

Hoy en TVG a las 00:55 horas se emite la participación de Siniestro Total en el programa Máxima Audiencia. Para los que no captan la señal de TVG decirles que pueden seguirlo a través de la emisión por internet. Podeis conectaros desde aquí. Hay conexiones disponibles para windows media y real audio. St Web Info en TVG sobre el programa de hoy: MÁXIMA AUDIENCIA O escritor Manuel Rivas e o grupo vigués Siniestro Total serán os protagonistas principais da nova entrega de "Máxima Audiencia", o programa de entrevistas, música e humor que dirixe Suso Iglesias e presenta Manuel Manquiña todos os luns na Televisión de Galicia. Manuel Rivas falará do seu último libro, unha recompilación de artigos de corte humorístico que vén de publicar baixo o título "Un espía no reino de Galicia". Rivas lembrará tamén os seus comezos no mundo televisivo, unha faceta non moi coñecida do escritor, que chegou a presentar un programa de chistes nos anos oitenta na propia TVG. Manquiña conversará tamén cos integrantes do grupo Siniestro Total, que acudirán ao programa para interpretar en directo dous temas da súa xa extensa discografía. Os compoñentes de Siniestro terán tamén a ocasión de presenciar unha reportaxe sobre o derrubo do seu local de ensaios en Vigo, un edificio que albergou nos oitenta a boa parte dos colectivos culturais que conformaron a chamada movida viguesa. O rock será tamén o protagonista doutra entrevista do programa. Manuel Manquiña falará con Salvador Domínguez, Salva, un guitarrista histórico da escea musical española que vén de publicar unha monumental obra sobre o rock hispano baixo o título de "Los hijos del rock and roll". "Máxima Audiencia" incluirá, como todos os programas, o seu tempo habitual adicado ao zapping, un espazo no que se parodian programas da propia TVG e doutras canles. Asimesmo, o reporteiro Luis Rial e o doutor Quico Cadaval, acudirán ao programa para amosar os seus respectivos traballos.

18 de Octubre de 2004 ás 12:06

Es necesario estar registrado y logueado para poder comentar.

Si deseas acceder como usuario, hazlo desde la página de login, si deseas registrarte hazlo desde la página de registro.